Comezamos.
De mañá cedo cruzámonos polo Campus de Ourense con algúns dos compañeiros que están a traballar en Armea, aos que enviamos unha aperta.
En San Vítor de Barxacova, xornada de contacto co lugar coa equipa de voluntarios, ben voluntariosos por certo.
Unha volta pola contorna de San Víctor para familiarizarse cos sitios, cos nomes do lugares, coa historia. Longa camiñana para ir ver a Pena de Espada, da que xa falaremos máis adiante.
A paisaxe impresionante do cañón do Mao, hoxe un tanto orballenta, non pasou desapercibida.
Mañá máis.
Non é por ser pesados, pero non deixedes de vir. Os veciños xa están pensando na sinaléctica.




