Un bo día
Os traballos en San Vítor de Barxacova continúan a bo ritmo. Hoxe, algúns dos voluntarios alumnos da Facultade de Historia da Universidade de Vigo, aparecían na portada dun xornal (aínda que os contidos no interior non eran de todo exactos), namentres que no Edificio de Ferro do Campus de Ourense, se presentaba o proxecto e se asinaba un convenio marco de colaboración entre o Concello de Parada de Sil e a Universidade de Vigo. Accións na procura da colaboración e do traballo conxunto. Accións que apostan polo futuro. Accións que abren portas, para todos.
Tamén moita actividade por San Lourenzo. Mozos, mozas, xente subido e baixando… hoxe até os cans non perdían ollo polas fiestras. E senón mirade este.

