Benvidos a unha nova campaña de investigación arqueolóxica en San Vitor de Barxacova, e van tres.
Unha nova campaña que comeza cunha nova imaxe para este blog, que será, un ano máis, a canle máis directa para difundi-las novidades dos traballos. Unha nova imaxe que simboliza a continuidade do proxecto, con ilusión e folgos renovados.
En breve comezaremos coas novas; ata entón ídevos pondo ao día, ide repasando, recordando, revivindo, lendo, aprendendo, dubidando, preguntado, soñando, voando… San Vitor de Barxacova de novo comeza a andar.
