Benvidos

O obxectivo deste proxecto é o estudo e difusión do enclave arqueolóxico de San Vítor, xacemento situado no concello de Parada de Sil, que conserva unha das necrópoles máis importantes do noroeste peninsular para o período alto e pleno medieval, con abondantes tumbas antropomorfas escavadas na rocha.

Despois dunha primeira campaña de escavacións levada a cabo no ano 2010 na que se atoparon restos tardorromanos, medievais e tamén modernos que deixan entrever a súa importancia para o estudo da organización territorial, social e relixiosa do mundo alto e pleno-medieval, as actuacións descritas neste proxecto pretenden establecer con precisión as orixes e distintas etapas cronolóxicas do enclave, a súa extensión e a existencia de lugares de habitación ou outros sitios arqueolóxicos asociados a el.

Para conseguilo levaranse a cabo, unha intervención arqueolóxica mediante a realización de catas puntuais no enclave arqueolóxico e na súa contorna, unha prospección intensiva do territorio circundante e o baleirado da documentación medieval directamente relacionada co xacemento.

A necesidade de utilizar e integrar no estudo fontes materiais, escritas e orais, fixo que este proxecto fora concibido como un traballo interdisciplinar entre profesionais da Prehistoria, Arqueoloxía, Historia Medieval e Paleografía, no proxecto O enclave medieval de San Vítor de Barxacova (Parada de Sil, Ourense) no contexto da paisaxe do canón do río Mao na área da Ribeira Sacra, financiado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

O proxecto é unha colaboración entre a Universidade de Vigo e o Concello de Parada de Sil.

Anuncios

Una respuesta a “Benvidos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s