…teñen todo en Internet

Lidia e Oscar (Caio) González de Forcas

Non hai nada mellor para coñecer as cousas que falar cos que saben dos sitios, como os veciños de Forcas que hoxe nos contaron moitas cousas de interese, como aquelas da Cova dos Mouros ou a  da Pena da Espada.

Puxeron nome a moitas penas, das boas, ben enumeradas e por orden: A Pena da Travesa, a Pena Longa, a Pena de Trabanca, a Pena da Cruz… e tamén falaron de Meder, e da beleza da “soutería“, e do camiño que dende alí comunicaba coas tumbas de San Vítor.

Tamén falaron das cousas do cotían. Aquí en Forcas son poucos veciños, pero están ben surtidos: achéngase os do fresco, os do conxelado, tres panadeiros…

Da súa amabilidade e simpatía gardaremos recordo. E tamén do bo que estaba o queixo, o chourizo e a bica.

Tamén falamos con Maruja (Concepción Nóvoa), veciña de Forcas, que  foi mestra.

De camiño ao pé do cruceiro de Forcas, con Concepción Nóvoa (Maruja)

Ten feito moito por conservar “o patrimonio” do seu pobo, no máis estricto sentido da palabra. Amosounos a fermosa igrexa de San Mamede de Forcas, co seu restaurado retablo, acción pola que recibiu a parroquia o premio do Grupo Francisco de Moure.

A busca de xacementos arqueolóxicos está cambiando cos tempos. Xa as cousas non son iguais que nos tempos de Conde Valvís. As comunicacións son diferentes. E senón, que llo digan a Maruja, que leva con orgullo o de ser nonaxenaria. Cando lle preguntamos pola espada de Forcas, contestou con rapidez:

– Eu d’eso da espada non sei nada, pero teñen todo en Internet.

Retablo da Igrexa de San Mamede de Forcas

Anuncios

Una respuesta a “…teñen todo en Internet

  1. Mira que ben sairon os meus tíos e a prima do meu pai.
    Emocionante ver o meu pobo na rede.
    Emma GONZÁLEZ ( sobriña de Caio e Lila)

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s