Trala pista do santo

Igrexa de Chandrexa

Contan en San Lourenzo que había unha marquesa que acudía diariamente, a cabalo, á capela do San Vítor. Din que un día a besta rompeu unha perna e que a muller, lonxe de renunciar a súa devoción polo santo, fíxoo levar á súa casa das Quintas (na parroquia de Chandrexa).

A curiosidade fíxonos seguir, á inversa, os pasos daquel cabalo e daquela marquesa, acudindo á parroquia de Chandrexa. O amable señor Ovidio Rodríguez Villaverde, veciño de Purdeus, falounos da inda existencia da Casa das Quintas, guiándonos a ela.

A imponente Casa das Quintas

A casa, de impoñente aspecto, está inda en pé e rehabilitada. Os seus novos propietarios invitáronnos a coñece-lo seu interior. Conserva inda a capela privada, baleira de imaxes, pero que nos levan a crer con maior forza nas referencias orais.

Posible antigo torreón na Casa das Quintas

Na traseira da mesma casa consérvase unha sorte de torreón, cegado e macizo, que nos fai pensar nunha orixe máis antiga da aparente para esta grande casa.

A lenda da marquesa está en relación co abandono do culto na capela e da construción das igrexas máis vella do entorno, que segundo os veciños son a de Chandrexa e a de San Lourenzo. O aspecto actual destas igrexas é barroco, moi típico nas parroquias rurais galegas, sen grande alardes arquitectónicos. De tódolos xeitos, ámbalas dúas agochan vestixios de fábricas anteriores, a través das columnas que separan a ábsida da nave en Chandrexa, de claro aspecto románico, e dunha inscrición gótica presente no adro de San Lourenzo. Ambas están, ademais, documentadas como parroquias xa no século XII.

Capitel románico na igrexa de Chandrexa

Remate da xanela da ábsida da igrexa parroquial de Chandrexa

O feito podería agocha o proceso histórico da creación das primitivas parroquias, nun proceso de cambio na organización do territorio no que se incluiría a propia necrópole de San Vítor. A grande extensión da necrópole, xunto cos datos recollidos en San Miguel e San Salvador, testemuñan unha importante ocupación humana na zona en tempos alto-medievais, máis que relaciona-la súa orixe co fenómeno eremítico de tan forte tradición na Ribeira Sacra.

O abandono da necrópole non ten porqué ir parello ao fin do culto na capela. Os restos materiais máis recentes situarían o probable fin deste no século XV. As ruínas que quedaron foron abatidas a mediados do século XIX, de acordo á información transmitida por Arias Sanjurjo (1914: “Una excursión a la Ribera Sagrada”, Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos históricos y artísticos de Orense, tomo V, nº98, pp.49-52), polo que xa debía levar tempo abandonada.

O seguimento á suposta imaxe do San Vítor levounos a localiza-la existencia do culto a este santo só na parroquia de Seoane Vello.

Seoane Vello, lugar da primitiva fundación do mosteiro de Monterramo

Curiosamente no lugar no que se supón estaba a primitiva fundación do mosteiro de Montederramo, converténdose logo nunha granxa dependente do mesmo. É este un caso curioso, xa que, inda sendo San Xoán o patrón da parroquia, celébrase a festa o día de San Vítor. Que neste punto apareza a figura do mosteiro de Montederramo non é un dato superfluo, como demostrará o estudo da documentación medieval.

Din que o San Vítor é bo para o lumbago, e que se pasas o santo (o pequeno, xa que hai unha imaxe nun altar lateral e outra pequena para estes casos) polos cadrís cúrache a dor de costas.

Imaxe do San Vítor en Seoane.

Imaxe moble do San Vítor; din que é bo para as costas.

Anuncios

2 Respuestas a “Trala pista do santo

  1. Este blog es muy interesante por su riqueza formativa e informativa y, en mi opinión, está muy bien actualizado. Es un resumen histórico local muy ameno. ¡¡¡ Enhorabuena !!! a sus autores y colaboradores del mismo.

  2. Pingback: ANEDOTARIO: SAN VITOR EN FESTAS « San Vítor de Barxacova·

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s