Primeira semana: primeiras sorpresas

E comezamos

Os primeiros días foron de toma de contacto, co xacemento, cos veciños e co novo equipo. Días de reencontros e novas caras.

Mentres se roza e limpa o xacemento, deixándoo curioso para os visitantes e cómodo para o transcurso dos traballos, fomos explorando a zona, visitando o San Miguel, a Pena da Espada, o Canal Vello e os vellos camiños antes principais.

Por fin, comezamos as escavacións, centrándonos esta semana na ampliación da área da necrópole visible; xa dende o primeiro día con resultados positivos.

Sobre o afloramento rochoso comezaron a definirse, en tódalas dirección en que se ampliou a limpeza, novos enterramentos, uns rematados e outros tan só esbozados, pero claros de todos modos. Así, xa de boas a primeiras, pasamos de 18 tumbas rexistradas a 26, tan só ampliando nunha faixa de 2m cara o Sur, Norte e Leste. Unha análise dos bancais tallados no afloramento fainos pensar, cando menos, noutra banda de sepulturas, polo que case podemos confirmar que estamos ante a maior necrópole rupestre coñecida de Galicia.

Comezan a definirse novas sepulturas

Na mesma rocha, ao igual cao ano pasado, defínense marcas e entalles que nos falan dun aproveitamento da mesma para apoio dalgún tipo de estrutura de madeira.

Marcas e entalles fálannos da presenza de vellas estruturas de madeira, entre as que discorren vellas canles

Cara o N limpouse tamén a zona de ampliación que nos permitirá uni-la zona de necrópole visible cunha das sondaxes do 2010, nun sector máis inferior, onde detectaramos 3 daquelas 18 tumbas. Sondaxe que xa foi descuberta de novo.

O material sobre a peneda e nas tumbas é máis ben escaso, concentrándose en maior medida neste sector N máis inferior. Entre as cerámicas recuperadas dominan as tipoloxía medievais, destacando a aparición de cerámica de mesa, inda que algunha, de novo, se escapa dese abano temporal, levándonos a tempos anteriores, tal vez tardo-romanos.

A presenza de tella, que o ano pasado se concentraba no sector da capela, sendo neste sector da necrópole totalmente residual, e sempre de tella curva, é este ano moito máis abondosa, concentrándose sobre todo no sector inferior N, entre a que se recuperou algún fragmento de tégula.

Tanta tella non é casual, algunha construción tiña que haber neste sector

Só tras estes días de intervención volven a nós aquelas cuestións que nos levaron o ano pasado a pensar en San Vítor como en algo completamente distinto ao que a tradición historiográfica viña pensando.

A abondosa presenza de tella, xunto con cerámica de mesa, fai pensar na existencia dun asentamento próximo, pondo o xacemento en relación con outros coñecidos no Alto Arlanza (Burgos) e na Beira Interior portuguesa.

A gran concentración de sepulturas non permite falar dun fenómeno eremítico, e nin tan sequera de mosteiros familiares coma orixe do sitio, senón que nos fai pensar máis ben en comunidades rurais de certa entidade.

A inaccesibilidade de hoxe, nada ten que ver coa realidade daquel entón, xa que o camiño de Forcas era o principal acceso cara o Sil, como quedou probado cos resultados do 2010. De igual xeito por San Pedro de Rocas  (Esgos)pasa o camiño real.

Re-descubrimos a sondaxe do 2010.

A presenza de restos mobles anteriores ao medievo reforza a hipótese, esbozada o ano pasado en relación cun control do acceso polo Mao cara o Sil, dándose unha superposición da necrópole sobre restos máis antigos. De tódolos xeitos non hai inda restos físicos que o confirmen, tal vez coa ampliación planeada obteñamos máis datos nesta liña.

A prospección e as conversas cos veciños, así como os novos baleirados documentais, están a proporcionar novos datos, nos que iremos afondando nas vindeiras semanas.

Agardamos con impaciencia a ampliación da sondaxe do 2010, así como a apertura dunha nova aos pés da peneda da capela, ladeira abaixo, unha zona inexplorada ata o de agora, que nos permitirá seguir afondando na apaixoante historia deste sitio privilexiado.

Anuncios

Una respuesta a “Primeira semana: primeiras sorpresas

  1. Es bastante común en esta época encontrar pequeñas iglesias en las inmediaciones de la necrópolis (o al revés, necrópolis alrededor de una iglesia), como en el caso de Revenga o Cuyacabras, en Burgos. Seguid informando, que se pone interesante!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s