Seguindo os pasos dos mortos

Baixada dende Forcas ao San Vitor

Din en San Lourenzo de Barxacova, que polo camiño de Forcas baixaban aos mortos ata San Vítor. Viñan a ombros, ata as tumbas, envoltos nun sudario, sobre un escano de madeira. Podemos imaxinar a comitiva. A cuestión é que cando contaron isto pareceunos, cando menos, curioso, xa que Forcas é outra parroquia. Deunos por ir ver que camiño farían cos defuntos.

o camiño de forcas

Chegados a Forcas, nos explicaron que os que se ían enterrar a San Vítor non eran os de alí, senón os da casa de Vil, que é como nomean na zona a Ivil, na parroquia de Pradomao. Máis curioso é o caso, pois xa non é que se foran a enterrar os de outra parroquia, senón os dunha terceira.

Para chegar a Ivil hai que pasar pola ponte de Canceliñas, de clara fábrica románica e cruzar a parroquia de Forcas. O  caso é que cando a comitiva pasaba co morto por alí, tiñan que pagar. Alí contan, igual que en San Lourenzo, que un bo día unha comitiva non quixo pagar, e que os de Forcas non os deixaron pasar. E dende entón xa nunca máis se enterraron en San Vítor, comezando a facelo no cemiterio parroquial de Pradomao. Como lembranza da comitiva, inda hai en Forcas quen recorda aquel escano dos mortos pendurado sobre a porta lateral da igrexa, desaparecido canda última reforma desta.

Oscar González (Caio) de Forcas, falou dunha “batalla entre parroquias” no chamado “Regueiro das Porfías”, próximo á ponte das Canceliñas, por onde tiñan que pasar, pola forza, os de Vil en dirección a San Vítor. Quen sabe se esas “porfías” acabaron co paso dos de Vil por Forcas.

A ponte de Canceliñas marcando o paso do Mao na Idade Media

Ivil un núcleo de tan só tres casas; entre elas destaca unha, cuxas características arquitectónicas lévannos ao redor do século XV. Recorda o propietario actual como o seu bisavó era o propietario de tódalas terras do lugar, logo partidas entre os herdeiros. Casa importante, xaquelogo. Recórdase, efectivamente, que antigamente se ían enterrar a San Vítor, ata que deixaron de facelo e pasaron a enterrárense no cemiterio parroquial de Pradomao.

Faláranos xa tamén, o señor Felipe de Espartidas (Barxacova), dunha tal “Encomenda de Vil”. Asegura non saber que significa tal cousa, pero que de algo así falaban. Curioso é o recordo de tal figura, da que hai proba documental da súa existencia. O rastrexo da documentación conservada fálanos dun preito de 1563 entre o mosterio de Montederramo e a Encomenda de Quiroga polo control, precisamente, de Vil, daquelas caracterizado como “granxa” (García Tato, I: Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén, CD 42, p. 578).  A sentenza debeu ser favorable á Encomenda, xa que nos séculos XVII e XVIII aparece de novo aforando Vil. A Encomenda, tal vez ante a presión de Montederramo por unifica-lo territorio do Mao baixo o seu control, seguramente puido ter demostrados dereitos sobre Vil dende a Idade Media, quen sabe se a través da propia necrópole de San Vítor, que aparecería deste xeito como marcadora e proba da propiedade antiga do territorio.

Lateral cubrerta da igrexa onde dicían que penduraba o escano dos mortos

Na Casa de Vil atopamos vestixios de construción máis antigas, a través dun perpiaño almofadado que se pon en relación con outros vestixios romanos polo canón do Mao e no propio San Vítor. Pero esa é outra historia.

Anuncios

3 Respuestas a “Seguindo os pasos dos mortos

  1. Coñecedes a Nova Cronoloxía que xorde dos estudios de Anatoly Fomenko?

    Probablemente a historia sexa moito máis corta do que a cronoloxía publicitada polo vaticano (Joseph Scaligero, en 1596).

    De aí que os veciños aínda recorden como lendas cousas de -supostamente- fai 800 anos.

    De aí que sempre se atopen xuntos castros, con romanización, con periodo medieval e que o único sólido da historia sexa o de finais do XVIII en adiante.

    Un saudo e gracias polo interesante blog

  2. Pingback: ANEDOTARIO: SAN VITOR EN FESTAS « San Vítor de Barxacova·

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s