… en torno á primeira fase das escavacións…

Recollemos nesta entrada, as verbas que deixou no Facebook Pablo Cid, un dos voluntarios da primeira fase da campaña en San Vitor de Barxacova.
O entusiasmo con que os alumnos asumen o proxecto consitúe unha das bases sobre as que se sostén, e amosa a necesidade de dar opcións para formación alén das aulas.

Pablo Cid e Sonia Faria, voluntarios en San Vitor

” ….Despois de nove días de traballos baixo o sol de xullo, finamos a primeira etapa desta nova escavación en San Vítor de Barxacova, un enclave no que profundizar coa paleta e a pala tornou en privilexio para os que alí estabamos. Semella interesante facer un breve resumo do que encontramos entre o interminable revolto de terra sen niveis estratigráficos aparentes. Por unha parte, ampliouse a zona do sector chairo do afloramento rochoso (seis tumbas reveladas xa en 2010) cara á esquerda, engadíndose agora dúas tumbas antropomorfas ben definidas no seu extremo e outras dúas aparentemente sen rematar ou erosionadas. Un pequeno burato de forma redondeada escavado na mesma rocha coróa a cabeceira por riba da segunda tumba pola esquerda do sector levantado actualmente. Descoñecemos a función deste último elemento (volveremos sobre el). Por outro lado, procedeuse a deixar descuberta a zona da sondaxe S9, realizada en 2010, e a ampliar ésta coa revelación de catro tumbas máis de caracter antropomorfo; unha delas está cuberta por laxas. Ademáis, una laxa de proporción redondeada atopada aquí presenta un novo burato, sen aparente relación co anterior (barallouse a remota e cuasi ficticia posibilidade informal de ter configurado un canal de ofrendas). Unha nova sondaxe anexa á zona sur da peneda (lugar onde ata hai uns anos cultivábanse patacas) non botou á luz ningún elemento de interese (era todo derrube). En canto ós materiais obtidos débese contar coa presencia de cerámicas, tanto medievais como modernas, e pezas de ferro moi desgastadas coma cravos ou coitelos. A día de hoxe son xa 32 as tumbas atopadas, feito que sen dúbida converte a San Vítor de Barxacova na maior necrópole medieval do Noroeste peninsular. Quedaría por ampliar a zona dos traballos cara á zona dos Padrós, no camiño a San Lourenzo, onde esperamos atopar máis tumbas gracias ás testemuñas orais. Podemos dicir que, ao marxe dos traballos, a parte menos técnica da escavación deste ano tocounos ós tres voluntarios da Facultade de Historia. Esta tarefa implicou ensinar o enclave arqueolóxico ós aventurados visitantes (una muller de nacionalidade alemá acercouse polo enclave para recoller datos de cara ó seu próximo libro de rutas de sendeirismo para guiris), sen temor ningún a ser masacrados con preguntas destructivas e aportando unha perspectiva máis realista que especulativa, á luz da teoría xeralizada do eremitismo e os cenobios na Ribeira Sacra. En conxunto, intentamos amosar un espazo ao que se lle pretende devolver á súa orixinalidade e humanización, un lugar ao que, a modo de hipótese, ían ficar as almas ou de San Lourenzo ou de Forcas ou de Ivil atraidos seguramente por ese caracter sacro intrínseco ó propio xacemento (en diversas conversacións chegamos a falar do fenómeno mileniarista). Falar dun posible xacemento romano anterior á construcción altomedieval semella atrevido, aínda que a investigación camiña cara unha resposta aclaratoria baseada en probas demostrativas. Queda nas nosas máns como alumnos recoñecer a profesionalidade directora de Eduardo Breogán Nieto Muñiz, a capacidade dun xenial medievalista como Víctor Rodríguez Muñiz e a grande responsabilidade que está a asumir Beatriz Comendador Rey na coordinación destes traballos. Do mesmo xeito, debemos agradecer a colaboración neste proxecto da Área de Historia Medieval da Facultade de Historia de Ourense e, en especial, ó Consello Social da Universidade de Vigo, ó Concello de Parada de Sil e, finalmente, a Luis, a Javier e ós demáis operarios que traballan in situ ó noso lado. Sen todos nós esto non sería posible.

Alejandro González, voluntario, atendendo clase improvisada sobre cerámica medieval.

Pablo Cid (Morrison)
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s