A luz tamén ten a súa historia: a Canle Vella

Completando a riqueza arqueolóxica do Canón do Mao, atopámonos unha interesantísima mostra de arqueoloxía industrial, que nos leva aos inicios do século XX, alá entre o ano 1914 e 1916. Trátase dunhas das primeiras infraestruturas hidráulica construídas en Galicia, coñecida hoxe coma a Canle Vella, que artella a propia ruta de sendeirismo que nos leva ao sitio de San Vítor.

A súa construción deu ocupación a caseque tódolos veciños das parroquias polas que discorre, estando en pleno rendemento ata ben entrado o século XX, tendo sido reformada na década de 1960. Caeu en desuso trala construción da chamada Canle Nova, que hoxe descarga a auga directamente no Sil, pola ladeira contraria do Monte Cido, que coroa San Lourenzo.

Obras "faraónicas"

A Canle Vella percorre a ladeira W do Mao dende entre algo máis ao S de Forcas ata ás proximidades de San Vítor, onde se sitúa a tubaxe de descarga cara a Fábrica da Luz, recentemente reformada, situada ao pé do río, moi preto de Barxacova, e visible dende as penedas do San Vítor.

A Fábrica da Luz, recentemente reformada.

Para a súa construción levantáronse potentes muros de cachotería, definindo unha canle de 1m de ancho, escavándose na rocha cando for preciso e afirmando os noiros superiores e inferiores con altos muros de contención.

Ao longo do seu percorrido distínguense diferentes elementos con finalidades concretas, coma os meandros artificiais para a decantación e desaugue das areas arrastradas pola auga, colocados en puntos estratéxicos; as casetas de control para os encargados do mantemento (“A casa de arriba”, “a do medio” e “a de abaixo”); a comporta de control de caudal de auga e a reixa que impide a entrada de lixo na tubaxe, xusto antes da descarga.

A "casa do medio", para mantemento da canle a onde nos levou o bo do Finamor, veciño de San Lourenzo..

Chegando ao final da canle, unha comporta regulaba o caudal, deitando ladeira abaixo o exceso de auga en épocas de invernía. Unha vez regulado o caudal, a auga pasaba por esta reixa, mesmo antes de caer polas tubaxes limpa de gaias, follas e calquera outra cousa que danase as instalacións

Mesmo sobre o final da canle sitúase a vivenda “dos bascos” encargados do mantemento, hoxe abandonada e sen accesos por estrada, pero mesmo ao pé do vello camiño de Forcas (aquel polo que baixaban os mortos ao San Vítor). Os bascos que alí vivían, esa era a procedencia dos encargados do mantemento da canle, deixaron constancia da beleza do lugar nunhas palabras pintadas sobre o balcón do primeiro andar da casa: “Toki eder”, algo así como “Vista fermosa”. Recordan en San Lourenzo que era a única casa con teléfono, e que ían chamar alí.

A "casa de abaixo" ou "dos bascos", onde vivían os encargados do mantemento da canle. Toki eder = Vista fermosa, abofé.

Controis de descarga polos que pasan as tubaxes cara a Fábrica da Luz.

Dende ela parte a tubaxe ladeira abaixo, ao longo da que se sitúan diferentes construcións para o control da descarga. Unha destas sitúase a uns 150m de San Vítor, polo camiño de San Salvador.

Durante a súa construción localizouse a famosa espada de Forcas. Un feito con tanta sona no lugar que se rebautizou ao lugar como “A Pena da Espada”. Agora quedades coa curiosidade ollando para a fenda, como os da foto.  Xa voltaremos con esa historia.

A equipa, curiosa, ollando pola fenda da Pena da Espada.

Un paseo por esta monumental obra danos unha idea do titánico esforzo realizado polas xentes de aquel entón. Un traballo colectivo que deu ocupación e trouxo riqueza ás xentes do lugar; establecéndose unha xusta relación entre a explotación dos recursos propios e o beneficio local e o empresarial.

De ruta polo canal vello.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s