San Vítor na Galipedia: o vello e o novo

Capela e Necrópole de San Vítor de Barxacova, na Galipedia

San Vítor de Barxacova xa figura na Galipedia. A iniciativa xurdiu dun dos esforzados colaboradores do proxecto, Adrián Estévez (aínda que non gusta do autobombo). Veu de visita a Barxacova e colocou a súa contribución que a partires de agora pode ser editada, ampliada ou modificada.

Din que “a Wikipedia en galego é dese tipo de proxectos que sen facer ruído van creando o substrato dunha iniciativa moito máis fonda. Persoas con distintas opinións, ideoloxías, crenzas na procura dun obxectivo común. Habituados a certo individualismo, pode sorprender que unha chea de persoas dediquen o seu tempo a contribuír nun mesmo proxecto coa única recompensa de construír unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa en galego”.

 

Formar parte deste saber colectivo, entre a cultura tradicional e a tecnoloxía punta, dentro desta colectividade virtual na que se comparte, se escoita e se fala a través dos textos é ilusionante. Como o é o propio proxecto da Galipedia. Ou o propio proxecto de San Vítor de Barxacova. Porque nós tamén creemos en construir un saber máis libre, accesible e colaborativo en galego.

O máis vello co máis novo.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s