Balance da terceira semana

Con certa demora, subimos o balance da terceira semana de traballo.

Abrindo a sondaxe na ladeira de acceso

Realizamos unha sondaxe na ladeira de acceso N. O planeamento  foi diferente ao da sondaxe anterior, trazando unha faixa lonxitudinal de 1’5m de anchura na ladeira baixa entre o camiño de Forcas e o de San Vítor, xusto á altura dunha laxa de sepultura reaproveitada no camiño inferior, pensando na procedencia desta dun punto inmediato na ladeira, coincidindo cun lixeiro bancal visible sobre a mesma.

O obxectivo desta sondaxe era o de tratar de delimitala extensión do xacemento por este sector, tratando de relacionalo cos Padrós, onde din que hai máis tumbas.

O resultado foi, sen embargo, completamente negativo, detectando só a peneda en pendente, baixo unha mínima camada vexetal, sobre todo a base de musgo. A rocha só se vía cortada na parte alta da sondaxe e á altura do camiño inferior. A falla de material en arrastre (só atopamos un anaco de tella), a pesares da forte pendente, non parece indica-la presenza dun asentamento nin ningún outro tipo de resto nas proximidades.

A limpeza nesta ladeira continúa, tratando de deixala libre de mato, que impide unha clara contemplación dos bancais que a compoñen e do propio xacemento dende o camiño de Forcas. Será cara a parte inmediatamente superior sobre o xacemento, e tamén cara os Padrós, onde dirixiremos as miradas unha vez despexada a ladeira.

As alegrías viñeron, de novo, na ampliación do sector baixo da necrópole. Non só confirmamos a aparición daquela oitava sepultura que se intuía a semana pasada, senón que se atopou unha máis completa e outras dúas que se perden no perfil E, completando o reconto, polo de agora, en 34 (completas ou indicadas). A aquelas dúas sepulturas seladas con laxas hai que sumar unha terceira, inda de maior interese xa que, non só conservaba as laxas orixinais, senón que estas estaban cubertas cun túmulo de terra ben prensada que as selaba.

Sepultura selada con laxes e túmulo, cortada á súa vez pola cabeza dunha posterior

Outro dato importante foi a detección dunha superposición estratigráfica de sepulturas, estando claramente unha delas cortando a laxa inferior e o túmulo de terra descrito anteriormente, así como superpondo os pés á cabeceira daqueloutra de “bañeira” localizada no 2010.

Moa aproveitada como laxe dunha das tumbas

Existe outra superposición, detectada na sepultura cuberta coa moa dun muíño (confirmado que se trata dun elemento de moenda, indicando outra vez a presenza dun asentamento próximo).

Levantando as laxas das tumbas

Levantadas as laxes que cubrían esta última, descubrimos unha sepultura que, unida á unha das descubertas en 2010, mide uns 2’80m de longo. Esta excesiva longura débese a superposición indicada, detectada por un claro cambio de inflexión no eixo da sepultura. Con seguridade había unha previa, perfectamente aliñada en segunda liña neste sector inferior, á que se engadiu outra aproveitando un oco entre dúas das da primeira liña, forzando o eixe precisamente para non cortar unha destas. Esta superposición implica que, no momento de talla-las tumbas que cortan as anteriores, estas estaban completamente inutilizadas e incluso esquecidas, pensando nun marxe temporal de, cando menos, unha xeración.

As laxes das sepulturas seladas foron levantadas, e a terra do seu interior escavada, recollendo mostras para a súa análise.

O material moble foi moi escaso de novo. Destacamos, inda así, un simple anaco de tella, de certo tamaño, atopado dentro dunha das tumbas seladas. A súa presenza no interior indícanos que as tumbas eran reenchidas con terra antes da colocación das laxas, xa que é imposible que un anaco desas dimensión se cole no interior por filtración. Entre o escaso material medieval atopamos, de novo, algún fragmento cerámico que nos leva a tempos anteriores.

Sepulturas parcialmente escavadas

Os resultados negativos das sondaxes, practicadas nos sectores periféricos da necrópole e da capela, permítenos contar cun tempo complementario que dedicaremos a ampliar un pouco máis a área de escavación no sector inferior N, tratando de desenterrar as dúas tumbas que xa asoman no testigo E e procurando aclara-la relación entre este sector baixo e o superior.

Non nos esquecemos dos novos voluntarios: Marisa, Miguel e Alberto, que veñen a sumar esforzos e renovar ánimos ao equipo. Benvidos.

Anuncios

3 Respuestas a “Balance da terceira semana

  1. Só un comentario/pregunta. ¿Tedes constancia en prospección da existencia dese asentamento?. Que habería algún é o mais seguro, pero as igrexas altomedievais podían estar un tanto alonxadas dos asentamentos, polo menos no resto de Europa Occidental, hai un artigo de Zadora Rio sobre o tema. É só un apuntamento, nada mais. Moi interesante o tema da superposición de estructuras funerarias, que eu saiba non hai moitos casos disto, e mostraría que estos cemiterios foron crecendo e mutando co tempo. Noraboa polo traballo,

    Álvaro

  2. Boas Álvaro. A constancia do asentamento non é firme, pero si ben fundada. Na prospección non detectamos nada, pero o material en arrastre sobre a necrópole é moi esclarecedor, con seguridade procedente de ladeira arriba. Non hai posibilidade de que proceda da capela, xa que queda do lado contrario. Non sabemos do lugar exacto, pero non temos dúbidas da súa existencia, en paralelo a outros xacementos máis coñecidos dentro do mesmo abano cronolóxico e cultural, tanto en Galicia coma noutros puntos peninsulares.
    Desculpa a demora na resposta e gracias por nos seguir de preto, agardamos as vosas críticas e suxerencias.

  3. O xacemento é moi interesante e vai camiño de ser como algúns dos que escavou Del Castillo, ou sexa unha referencia. Espero que o artigo vos fora útil, a ver se se publica en breve a versión final. Sería interesante que fixerades un mapeado de xacementos similares pola zona, e referencias documentais a vilas altomedievais. Nun SIG vos podería dar algunha pista sobre o patrón de emplazamento destes cemiterios na topoloxía/xeografía do momento. Un saúdo.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s