O conto da ermida

San Lourenzo de Barxacova

Primeira visita a San Vítor

Casa en San Lourenzo

A primeira vez que subín á aldea de San Lourenzo foi no ano 2000. Tiña máis ou menos a apariencia que ten agora: unha pequena aldea de ribeira onde aínda se traballa “ao feixe”, metendo herba ou patacas ou uvas por esas carriozas nas que non entra nin un burro. Había pitas, cans, era, como agora, unha aldea viva. Ibamos preguntando polas tumbas. Como era domingo, había xente sentada na praza e puxémonos a falar. Contounos unha muller que non era moi vella que alí había unha ermida, pero que lle contara a súa nai que un bispo a mandara tirar. Non lle gustaba, a este bispo, que fora máis xente á romaría da ermida que á festa do patrón. Parece ser que ninguén facía caso dos seus avisos así que finalmente tiraron a ermida e levaron as pedras para Chandrexa. Contóunolo como se o derribo da ermida ocurrira nos anos 40, e facía máis de 100 anos según averiguamos despois.

Non volvín ver a esta muller, nin volvín escoitar a historia. San Lourenzo era un lugar que non recibía visitantes, e os poucos que chegabamos eramos recibidos con vagar. A min gustaríame que chegaramos a saber que pasou coa ermida de San Vítor e tamén me gustaría que non cambie San Lourenzo, esa aldea que segue estando habitada.

(Historia enviada por Mercedes Martínez).

———————————–

Entendida cunha óptica histórica, o conto podería estar a agocha-la dialéctica entre os núcleos erixidos como centros parroquias, e porén centros do poder oficial, naquela reorganización parroquial do século XII, e outros que se escapaban dese poder. San Vítor podería ter sido un deses núcleos: sabemos que non foi parroquia, como si o foi San Lourenzo, e sabemos do posterior enfrontamento entre os Quiroga, detentadores da Encomenda de Vil, e por relación posiblemente do enclave de San Vítor, e Montederramo, que encarnaría o poder relixioso oficial. Quen sabe se agocha tamén a loita contra os cultos rupestres “fructuosianos”, pero iso é meterse en camisas de once varas. Sexa como for, a historia é de por sí moi interesante en relación ao final de San Vítor.
Outra cousa curiosa, igual que a lenda da marquesa, o final vai en relación cunha traslación a Chandrexa… outra parroquia que nada ten que ver con Barxacova. Din que Chandrexa e San Lourenzo son as igrexas máis vellas da contorna.

Espreitando pola porta "do pasado" en San Lourenzo.

Anuncios

Una respuesta a “O conto da ermida

  1. Pingback: ANEDOTARIO: SAN VITOR EN FESTAS « San Vítor de Barxacova·

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s