Co punteiro do caiado

Co punteiro do caiado indicando na paisaxe os nomes dos lugares

Dez e media en Forcas. Néboa no Mao. Temos cita coa fresca matinal. Imos ver o Outeiro da Forca e tamén a Pena da Cruz guiados por Caio. Partimos do camino da Miranda cara aos Chaos do Pando. Subimos falando do paso dos carros, por aquel camino entre Forcas e Pradomao. – Cantos carros pasarían para deixar fondas rodeiras
Chegamos aos chaos. No alto, o Outeiro da Forca, onde din que aforcaban aos rebeldes axusticiados abaixo, na Pena da Cruz. Por volta do outeiro, varias tapadas… –Como está esto… aquí plantaban centeo.

Co punteiro do caiado, Caio vai amosando os nomes dos lugares: o Tío da Pena, Penasdán, Os Chaos de Amil, o camino a Pradomao, o Outeiro da Forca, Triguás, As Cerdeiras…
Logo achegados a Pena da Cruz… ¿Habería una cruz?… non se sabe, a pedra está partida… é unha pedra pequena. De pronto alí xurdiron unha, dúas, tres… xa perdín a conta das coviñas.

Partimos contentos de retorno, parando antes en Navallos, onde din que estaba o antigo pobo de Forcas. Aínda van alí a buscar a auga, polo seu limpo manancial. Camiño abaixo, o regato da Senra, a Pena Longa e o San Salvador.

Conferencia maxistral “in situ” por experto na materia… arqueoloxía dos lugares e da memoria. Impagable a axuda destes outros “voluntarios”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s