A Pena da Cruz e o Outeiro da Forca


O Outeiro da Forca e a Pena da Cruz dendeTriguás

Nos traballos de prospeción da contorna de San Vítor de Barxacova, andivemos á volta dos lugares onde apareceran importantes achados da Idade do Bronce: a espada de Forcas e o machado das Cerdeiras. Eran achados illados, dos que pouco sabíamos. Así que preguntamos.

Gracias á colaboración dos veciños, fomos quen de recuperar interesantes informacións sobre os achados, a tamén sobre eso que chamamos a construción simbólica da paisaxe, e incluso atopamos algún novo xacemento, como o petróglifo do que os imos falar: A Pena da Cruz.

Comezamos en Forcas na casa de Caio e Lila, dos que xa temos falado. Alí comezou a enumeración de penedos singulares: a Pena da Travesa, Pena Longa, Pena de Trabanca, Penasdán… e Pena da Cruz… esta é pequena…

– Pequena?..

Un penedo pequeno cargado de lendas e nun lugar en que non divide parróquias, sempre da que pensar…así que decidimos ir. Quedamos con Caio un día coa fresca da mañá e alí fomos.

No planalto que constitúe a parroquia de Forcas, hai varios lugares destacados na paisaxe. Además do outeiro onde está a Ermida de Triguás, había outro de nome singular: O Outeiro da Forca. Chaman así ao alto do outeiro en concreto, porque todo á volta, as tapadas, teñen outros nomes. Contan que, naquel alto, “din que en tempos remotos aforcaban aos rebeldes. Pero antes, os axusticiaban onde unha pedra pequena, que se coñece como A Pena da Cruz… – Debía ser que tiña unha cruz… pensaba en alto a Lila.

Andabamos con Caio á procura dunha cruz gravada nun valado perto do penedo, cando pasamos os pes por riba das coviñas.

A pequena Pena da Cruz no Chao do Pando

O petroglifo atópase no lugar da Miranda, Parroquia de Forcas, Concello de Parada do Sil.

Se sitúa no Chao do Pando, ao suroeste do Outeiro da Forca. (29 621904 E; 469 1291N; a 873 m. de altura).

Se trata dun penedo horizontal, lixeiramente inclinado cara o N-NE, que pode ter sido cercenado pola extracción de rocha, así que podería ter formado parte dun penedío máis grande. Na súa parte superior presenta un conxunto dunhas 16 coviñas, máis outras sinais algo dubidosas.

A Pena da Cruz

Non atopamos “cruz”, pero as coviñas parecen conformar algo semellante.

A disposición das coviñas podería lembrar unha cruz, que daría nome ao penedo.

Non é un penedo destacado na contorna, pero dende a Pena da Cruz hai un gran dominio visual: ao norte a brecha do Sil e o val de Lemos ao fondo, máis ao leste a brecha do Mao, cara o sur Penasdán, cara o oeste o O Outeiro da Forca, As Cerdeiras, Triguás, e xa de novo a brecha do Sil.

Deste xeito vimos documentar un petróglifo inédito nunha zona de arte rupestre pouco coñecida, que incrementa o catálogo de petróglifos de Ourense que publicaran Israel Barandela e J.Manuel Lorenzo no 2004.

Nos gustaría destacar a importante actividade de asociacións culturais que están facendo moito polo achado e recuperación da arte rupestre de Galicia. Por exemplo, na Galicia interior, podemos recomendar a web da Asociación Cultural de Sober, Colado do Vento.

Caio retratado onde a Pena da Cruz.

Xa para rematar. O mellor daquela mañá no Chao do Pando, era a cara de ledicia de Caio. Non fai falla describila, porque él mismo pediu unha foto onde a Pena da Cruz, para quedar retratado ese día.

Pareceunos mellor aportar este documento gráfico que o propio calco das coviñas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s