Sobre o final da escavación

Vista do sector N-inferior da necrópole

De volta, e cunha perspectiva duns días de pouso e repouso sobre a escavación, podemos valorala cun grande satisfacción.

O resultado negativo das sondaxes realizadas nos sectores perimetrais do xacemento permitiunos contar cun tempo adicional que empregamos, logo das conversas e trámites pertinentes coa Dirección Xeral de Patrimonio, na ampliación da área de escavación no sector das tumbas. Esta ampliación consistiu na extensión da limpeza da rocha no sector S-superior cara o E, descubrindo non máis tumbas pero si novas marcas e entalles que abran novas perspectivas de futuro, como veremos.

No sector N-inferior, onda o conxunto de tumbas que vimos describindo estes días, naquel sector claramente preparado con carácter previo para alberga-la necrópole, e no que detectamos a superposición de sepulturas, ampliamos noutra faixa de 2m, tamén cara o E. Esta ampliación permitiunos descubrir, case por completo, aquelas dúas tumbas anteriormente intuidas. Ambas apareceron cubertas coas laxas orixinais, escavándoas por completo e recollendo mostras de terra para a súa análise. Unha delas tiña unha laxa que a cubría case por completo, achegándose moito a unha tampa monolítica, sendo ata o de agora a de maior tamaño localizada, sen contar con aqueloutra aproveitada no camiño de acceso e que nos levara a practica-la sondaxe na ladeira de acceso.

Túmulo de terra selando as laxas dunha das sepulturas

Como novidade importante temos a continuidade, en extensión, dun nivel de terra pisada, moi ben preparado e nivelado, na esquina NE destes subsector N-inferior. Este “pavimento”, xa localizado na intervención do ano 2010, cubría parcialmente aquela tumba “de bañeira con atropomorfización incipiente”, logo cortada por outra posterior. Non sabemos que secretos agocha este nivel de terra pisada, xa que se perde baixo as testemuñas N e E, pero será un dos elementos a abordar no futuro.

Da semana anterior quedara pendente a intervención outra sepultura cuberta con laxas e selada cun túmulo de terra. A súa escavación foi outro dos puntos destacados da intervención, xa que, precisamente ese túmulo de terra debeu facer posible a conservación de restos óseos no seu interior. A recuperación destes restos foi imposible, debido ao alto grao de descomposición, pero grazas a colaboración prestada pola antropóloga física Olalla López Costas, obtivemos datos moi interesantes no que respecta a disposición dos corpos e a máis que probable reutilización das sepulturas; inda que deberemos agarda-las análises para confirmar con rotundidade este caso concreto. Grazas a esta colaboración poderemos planear intervencións puntuais futuras, demostrando, unha vez máis, a riqueza que un traballo interdisciplinar pode aportar á investigación.

Tumbas coas laxas á vista despois de escava-lo túmulo

Recollendo mostras dos restos óseos para a súa análise

Restos óseos recuperados

Olalla López Costas, antropóloga física

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Volvendo ao sector S-superior, a ampliación da limpeza fixo posible a localización dunha serie de cortes verticais na rocha, aliñados cunha orientación N-S, que definen os limites laterais dunha superficie horizontal repicada tamén na rocha, xunto con dous apoios para o que pensamos puideran ser piares ou apoios de madeira. Todo parece indicar que se trata dunha vella estrutura semi-rupestre, destruída coa preparación, e tal vez apertura, do camiño a San Salvador séculos despois do seu abandono. Que función e cronoloxía tivo esta construción e que relación tiña coa necrópole non deixa de ser unha incógnita, xa que non atopamos espolio cerámico nin estratigrafía que nos invite a facer ningún tipo de suposición nestes momentos da investigación.

Regularización da rocha identificados coma unha construción destruída polo camiño de San Salvador

Outro achado curioso foi a localización, durante as labores de desbroce das áreas perimetrais do xacemento, dun lavadoiro tradicional nun dos bancais superiores ao camiño de San Salvador, ao S da necrópole. O máis interesante deste lavadoiro, situado nunha parcela privada, o cal non deixa de ser curioso, foi o descubrimento, entre as pedras que o forman, dun muíño barquiforme amortizado. Temos, logo, un novo elemento que nos fala de actividade doméstica no propio San Vítor, inda que neste caso abre novas portas cara unha etapa moito máis antiga, incluso, que aqueles vestixios residuais romanos.

Lavadoiro localizado ao S da necrópole

Muíño barquiforme re-aproveitado entre as laxas do lavadoiro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A escavación quedou pechada, á espera desas novas e puntuais intervencións da man de Olalla López, pero non o proxecto. A limpeza do xacemento e entorno continuou unha semana máis, despexando toda a ladeira superior, ata o camiño de Forcas, e abrindo tamén a ruta ata San Salvador. Ao mesmo tempo seguimos coa prospección, entrevistándonos cos veciños da zona e visitando diversos lugares do noso interese, dos que iremos dando conta.

Aspecto dos traballo finais en San Vítor

Anuncios

2 Respuestas a “Sobre o final da escavación

  1. Enhorabuena por vuestro trabajo y por la iniciativa de crear este blog para difundir el progreso de vuestros trabajos.

    Una forma realmente, al menos para mí, innovadora de acercar este lugar al público de a pie. El recibir el aviso por RSS de que un nuevo artículo había sido publicado me hacía sentir orgulloso de un lugar en el que, por ahora, nunca he estado y el leerlos me hace comprender un poco mejor la profundidad que implica un trabajo de este tipo.

    Simplemente quería hacer constar que aquí tenéis a un seguidor. Gracias por haberme permitido descubriros.

    Saludos
    Edu

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s