ROMANOS EN SAN VITOR

A sorpresa, relativa, de ter atopado na primeira escavación do ano 2010, restos materiais romanos no propio San Vitor, levounos a interpretar o estudo do sitio e do seu contorno cunha visión temporal máis ampla.

Intervisibilidade entre A Pena do Castelo, recortada á esquerda da imaxe, e San Vitor, na ladeira de enfronte.

Xurdiu desta maneira a hipótese de que o lugar no que logo se erixiu a capela e se escavou a necrópole, puidera ter sido escollido, en época romana, como punto de control do acceso á ribeira do Sil polo Mao. O espectacular dominio visual existente dende San Vitor, a presenza doutro sitio orograficamente semellante xusto do outro lado do río, A Pena do Castelo, o paso por San Vitor da ruta principal de acceso ao Sil durante a Idade Media (corroborado pola presenza da Ponte de Conceliñas augas arriba) e a coñecida riqueza aurífera do Sil, viñan a apoiar esa teoría.

Perpiaño almofadado nunha casa de San Lourenzo

Se ben a escavación arqueolóxica non resolveu o problema, a prospección do contorno permitiu a localización de certos elementos que se veñen a sumar a ese plantexamento. Ademais do descubrimento dos novos xacementos romanos da Telleira e O Castelo, en Chandrexa, augas abaixo polo Sil, sabiamos da casual aparición dunha peza de muíño circular na Cal de Abaixo (Sacardebois) e de dous perpiaños almofadados: un no barrio do Cruceiro, en San Lourenzo, e outro na Casa de Vil. Ademais disto, os estudos realizados por Alvarado, Rivas e Vega sobre a vía Nova (“La Vía Romana XVIII, Vía Nova, revisión de su trazado y mensuración”, Boletín Auriense, anexo 25, ano 2000) sitúan en Graña de Seoane, un miliario da época de Caracalla. O lugar de aparición deste, entre Folgoso e Graña, está desviado da Vía Nova case 2 quilómetros. Tal vez, e é tan só unha hipótese, este miliario garde máis relación co acceso á ribeira que coa propia Vía Nova.

Miliario de Graña de Seoane, publicado por Alvarado, Rivas e Vega (“La Vía Romana XVIII, Vía Nova, revisión de su trazado y mensuración”, Boletín Auriense, anexo 25, ano 2000)

 

Todos estes achados veñen a constituír puntos nunha liña clara de penetración ao Sil a través do Mao e do camiño de Forcas por San Vitor.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s