AO EQUIPO, GRACIÑAS

 

Manolo "Xirelo" mostrando o achado duns sucos na rocha durante a limpeza da ladeira

Finalizados os traballos, queremos agradecer a todos e a cada un dos seus integrantes a súa participación. Cada un na súa labor fixeron posible levar a cabo este proxecto, algúns días amables, outros duros, moitos satisfactorios, outros amargos, pero sempre interesantes.

Permitide que citemos a cada un deles: Luis e Javi, operarios municipais que asumiron o traballo máis duro, incluímos tamén a Manolo “Xirelo” e David, integrantes das brigadas municipais que sempre ofreceron o seu traballo cando se lles requiriu, aportando tamén bo ambiente e agradable compaña. Pablo, Sonia, Alexandre, Alberto, Miguel e Marisa, traballadores e motivados voluntarios, que participaron intensamente nas labores arqueolóxicas, ademais de guiar aos numerosos visitantes polo xacemento, sobrepasando incluso os seus horarios e xornadas de traballo por iniciativa propia.

Victor, Marisa e Miguel sobre as penas da necrópole

Completaron o equipo Bea Comendador, como coordinadora neste ano 2011 dun proxecto na UVigo da que conseguiu financiamento, e Víctor Muñiz e Eduardo Nieto (Breogán Arqueoloxía), como técnico-arqueólogo e responsable do estudo documental e director da intervención arqueolóxica, respectivamente; ambos iniciadores dos traballos en San Vitor no 2010. Cada un deles aportou o seu coñecemento técnico e académico, aproveitando tamén para, sempre, seguir aprendendo. Finalizado o proxecto non rematou a actividade, senón que serviu para tender pontes a outras disciplinas que nos permitiron chegar alá onde nós non chegamos. Neste senso queremos agradecer a Olalla López Costas a achega do seu saber antropolóxico, a Jorge Morales a musealización virtual e difusión e a Rubén de S3D as reproducións fotogramétricas e aplicacións web, unha ferramenta excepcional hoxe en día.

Eduardo dando explicacións sobre o xacemento durante unha das visitas

Por último citaremos aos primeiros: a Paco Magide, sen cuxa iniciativa como alcalde de Parada de Sil isto non tería sido posible, acadando un GDR que financiou gran parte dos traballos diste ano, e a Paco Fariña, director do Museo Arqueolóxico Provincial naquel 2008, cando se iniciou, baixo o seu asesoramento, as xestións para conseguir o primeiro financiamento da Dirección Xeral de Patrimonio e que permitiu aquela primeira campaña do 2010 que abriu o camiño que hoxe seguimos.

Outra moita xente, veciños e visitantes, aportaron desinteresadamente información indispensable para a investigación, pero eles merecen un apartado especial.

O equipo da segunda quenda tomándose un descanso para o almorzo baixo a sombra do San Vitor

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s