ANEDOTARIO: SAN VITOR EN FESTAS

A Historia, ás veces, tenche cousas ben curiosas, e o quebracabezas de San Vitor non deixa de nos sorprender.

Recordades aquel conto sobre o bispo que mandara derrubala ermida do San Vitor? Aquel bispo que estaba enfadado cos veciños porque ía máis xente á romería da ermida que á festa do patrón? Pois ben, fose como fose, a capela esborrallouse, efectivamente, pero sabemos que o culto ao San Vitor non despareceu, senón que continúa aínda hoxe na igrexa de Graña de Seoane, feito do que xa temos falado. Compite alí en devoción co propio patrón: San Xoan, e parece que lle ten gañada a partida, xa que as festas grandes de Graña son, a día de hoxe, as de San Vitor, sendo as máis multitudinarias da contorna.

Aquel bispo derrubou a capela, o santo marchou e o culto a San Vitor, alí, rematou. Pero alá onde foi continuou, ata hoxe, recibindo máis devotos que o patrón, repetíndose a historia.

Aplicaríase aquí, de novo, a máxima de “se non podes contra eles, únete a eles”? Ao non poder acabar coa popular devoción ao San Vitor, tería sido o traslado do santo unha maneira de desprazar aos fieis a unha igrexa pertencente á “rede oficial” de parroquias, da que o San Vitor parece que se escapaba? Todo parece indicar que San Vitor dependía dos Quiroga a través da Casa de Ivil, cos que o Mosteiro de Montederramo mantivo un tenso pulso polo seu dominio durante varios séculos. Será a pervivenza do culto a San Vitor en Seoane Vello, primitiva e orixinal fundación do primeiro mosteiro de Montederramo, unha proba de que foi este o vencedor da partida?

Nunca un cartel de festas deu tanto que pensar.

Cartel das festas de Graña de Seoane 2011, na honra a San Vitor.

Anuncios

Una respuesta a “ANEDOTARIO: SAN VITOR EN FESTAS

  1. Fai un mes que fun pola necrópole, e quedei un pouco abraiado da cantidade xente que viña facendo o sendeiro de Forcas, en na nécropole estabn 5 persoas visitando as tumbas! esto de san vitor tira padiante jaja

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s