SAN VITOR EN CELORICO DE BEIRA

Unha das charlas nas xornadas, a cargo do profesor Martín Viso.

A difusión diste mesmo blog cumpriu un dobre obxectivo. Por unha banda non só serviu para dar a coñecer San Vitor alén do noso grupo, senón que serviu a xente de aló para contactar connosco. Entre esa xente contouse ao Profesor Titular da Universidade de Salamanca, D. Iñaki Martín Viso, que se veu a sumar a unha serie de expertos no mundo alto-medieval e dos enterramentos escavados na rocha que nos seguían con asiduidade. Coñecedores e seguidores da súa bibliografía e das liñas de investigación que nos van abrindo camiño, a invitación persoal que nos brindou a participar nun seminario que o seu grupo de investigación levaría a cabo en Celorico de Beira, no distrito de Guarda, na Beira Interior portuguesa, serviunos de inmellorable plataforma de difusión e debate dos nosos traballos.

Entre os días 28 e 29 de outubro acudimos ao seminario, centrado no proxecto “Tumbas e identidades locales en el centro de la península ibérica altomedieval: análisis espacial de las tumbas excavadas en roca” (financiado por el Ministerio de Ciencia e Innovación). Presentamos alí a ponencia “La necrópolis de San Vitor de Barxacova (Parada de Sil, Ourense): análisis arqueológico y documental”, levada a cabo por Eduardo Nieto e Víctor Muñiz, como arqueólogos responsables da intervención.

Quixeramos dende aquí agradecer o enorme agarimo co que fomos acollidos, o interese mostrado sobre os nosos traballos e a oportunidade de compartir experiencias con investigadores e profesionais de Salamanca, Zamora e Portugal. Non hai mellor medio para aprender.

Especialmente quixeramos agradecer ao propio Profesor Martín Viso a invitación, á Profesora  Caterina Tente as súas explicacións sobre o xacemento de San Gens, á Cámara Municipal de Celorico de Beira a súa acollida e a todos eles a súa cordialidade e amizade. Agardamos que só fóra o primeiro de futuros e frutíferos encontros.

A profesora Tente guiounos polo interesantísimo sitio de San Gens

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s