POSTA AO DÍA

Mentres as visitas guiadas seguen o seu curso as fins de semana, estanse a “ferver” tódolos preparativos para unha nova campaña en San Vitor, inda que en todo este tempo fóronse materializando actuacións puntuais para a súa posta en valor e difusión, como repararía quen visitou o xacemento dende o ano pasado, tanto in situ coma na rede.

Ademáis da visita virtual, colgada na web do Concello de Parada de Sil, e á que xa lle adicamos un post na campaña anterior, abordáronse actuacións no propio xacemento.

Instalouse unha nova sinalización que complementa a xa existente dentro da ruta dos Canóns do Mao, pero específica para San Vitor, que nos leva directamente ao sitio e que enlaza co camiño de Forcas a través da baixada aberta a comezos do século XX para a Fábrica da Luz (os amigos de Rosa`s Rotulación fixeron un bo traballo).

Sinalización da baixada directa a San Vitor dende o camiño de Forcas, polo “camiño” da Fábrica da Luz.

Nova sinalización da Ruta do Mao, específica de San Vitor.

 

No xacemento, despois de presentar o correspondente proxecto de actuación e recibir a autorización correspondente por parte da Dirección Xeral de Patrimonio á nosa proposta, colocáronse 4 postes, correspondentes a 4 paradas para a visita autoguiada deseñada por Jorge Morales Miranda. Estes postes seguen o deseño dos da ruta para crear unha unidade estética e procurando non resultar rechamantes. Na parada 2, ademáis, incorporouse un código BIDI para descarga de información directamente ao móbil. A información de cada parada reflectiuse en trípticos que, ademáis de en establecementos comerciais e hosteleiros do concello, poden ser descargados na web do concello, facilitando a súa difusión.

Colocación dos postes para a visita autoguiada e da ruta pola xente de Rosa’s.

 

Parada 2, con código BIDI para decarga de información ao móbil, mesmo ao pé da necrópole.

Perante os resultados dos anos 2010 e 2011, entendemos que os conceptos recollidos no panel informativo do xacemento non eran fieis ao avance da investigación, polo que se fixo e instalou un novo. Neste recóllense xa as principais ideas que se queren transmitir a quen visita o sitio.

Novo panel colocado no xacemento.

Entre os novos produtos de difusión destacamos a realización dun vídeo documental, dirixido por Patxi Bisquert, que se pode ver tamén en linguaxe para xordos.

Todos estes produtos foron colgados na web do concello, podéndoos consultar tamén neste blog no apartado de difusión.

Todo para que vos vaiades pondo ao día.

Bo traballo!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s