VOLUNTARIADO 2012

Queres participar na campaña de escavación deste ano 2012?

Só tes que descargar a solicitude e enviala cuberta a: sanvitordebarxacova@gmail.com

DESCARGA SOLICITUDE: preme aquí

Aquí tes toda a información:

SOBRE OS TRABALLOS:

–       Convócanse 6 prazas en total, a 3 por quenda.

–       A previsión é comezar o día 10 de setembro, prolongándose ata o día 3 de outubro, nun total de 18 días de traballo. Os da primeira quenda 10 días e os da segunda 8 días.

–       O horario será de xornada continuada continuada de mañá, de 8:00 a 15:00.

–       Os voluntarios participaran na ampliación da área visible da necrópole e na limpeza e apertura de sondaxes en sectores novos sen investigar.

–       Ao final da excavación recibirán un certificado acreditativo da súa participación nos traballos arqueolóxicos.

–       Valorarase ser aluno da UVigo, en especial de Historia, Restauración e/ou titulacións semellantes.

SOBRE O ALOXAMENTO:

–       Os voluntarios que así o requiran poderán aloxarse no albergue da Fábrica da Luz, recentemente inaugurado.

–       Disporán de pensión completa (aloxamento en literas, almorzo, comida e cea) de luns a venres (con opción da cea o domingo anterior á chegada en substitución da do venres da saída).

–       Os que o precisen disporán de menús especiais (celíacos, alerxias doutro tipo, vexetarianos…); habería que avisar con antelación.

–       A manutención das fins de semanas (sábado e domingo) correrá a cargo do voluntario, a razón de 27 euros/día.

–       Os voluntarios que non usen o albergue recibirán 15 euros/día para axuda de desprazamento.

MÁIS INFORMACIÓN:

Sobre a escavación:        Tlf. 629 416 663

sanvitordebarxacova@gmail.com

Sobre o aloxamento:      info@afabricadaluz.com

Sobre o xacemento:        sanvitordebarxacova.wordpress.com

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s