COMPROBANDO LENDAS: OS PADRÓS

Continuando coas explicación do sucedido no 2012, toca agora falar de novo de Os Padrós, enclave envolto en lendas e que marca o fito de entrada no San Vitor, segundo se ven dende San Lourenzo. Contan que neste lugar “un día un home que viña polo camiño meteuse nunha tumba facendo a broma, e que logo non daba saído… berrou e berrou pero ninguén o escoitaba; finalmente puido saír, e xurou non volver meterse dentro xamais”.

Sexa conto ou verdade, esta historia estanos a indicala existencia, cando menos, dun sartego neste punto. Tentando darlle credibilidade ao conto realizouse nos Padrós unha limpeza intensa da cuberta vexetal que o cubría. Limpouse a superficie existente entre as dúas penas máis elevadas, que define unha sorte de área máis regular, así como o treito do camiño e Forcas que pasa onda elas e as penedas que afloran do outro lado deste, pola aba W. En ningún destes puntos de detectou marca nin entalle que indicara a presenza de máis enterramentos. Porén, nas penedas situadas ao W do camiño, vese con claridade como foron cortadas e aproveitadas como canteira, polo que puidera ser que os sartegos foran destruídos durante esa extracción.

_MG_0075

 

_MG_0095
A superficie da rocha que aflora mesmo na rasante do camiño vese moi desgastada, como corresponde a unha zona de tránsito continuado ao longo do tempo. Entre este desgaste tamén se detectaron rodeiras, tanto neste punto como noutros ao longo do camiño de Forcas, algo que contradice a tradición oral, que conta que este camiño non era de carros, senón que estes paraban no alto da serra, cargando e descargando alí as mercadorías, antes de comezalo descenso, que se realizaba a pé ou en besta, pero nunca en carro.

_MG_0089

 

_MG_0086

A tradición oral non recorda o tránsito rodado por este camiño, pero as probas arqueolóxicas veñen a verificar que si existía. Tería sido este, xaquelogo, moi antigo, pondo en relevancia a importancia desta ruta en tempos anteriores á organización viaria tradicional.

E.B.N.M.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s