O POBOADO? AQUÍ NON, NON, AQUÍ TAMÉN NON

Un dos aspectos máis interesantes dos traballos de 2012 foi a procura do suposto asentamento do que vimos falando anos atrás e do que son testemuña as cerámicas e obxectos cotiás recuperados no xacemento.

Neste senso, paralelamente á ampliación da área da necrópole, realizáronse tres sondaxes valorativas no contorno inmediato da mesma, co obxectivo de delimitala súa extensión e localizar eses vestixios ou probas da presenza de habitación ladeira arriba.

A sondaxe 1, de 2’5×2’5m, abriuse no segundo bancal, contado dende o camiño de San Salvador cara o W, ao S da área de escavación, coincidindo coa segunda plataforma da ampliación S e coa aliñación principal da necrópole neste sector, como vimos. O obxectivo era comprobar se a necrópole continuaba por este sector. O resultado: negativo; nin tumbas, nin vestixios de nada. O material moderno localizado nos níveis máis inferiores, sobre a rocha, falan da construción destes “pataos” en tempos moito máis recentes ao da necrópole. De tódolos xeitos, polo que se ve, o limite das parcelas actuais ven a coincidir co limite da área de enterramentos. Casualidade?

IMG_9324

A sondaxe 2, de 2’5×2’5m, situouse ao NW da necrópole, nunha pequena rechán na aba superior do xacemento, concretamente a segunda de tres que se abren entre o camiño de San Lourenzo e o de Forcas. O obxectivo era localizar indicios do suposto asentamento, sendo este lugar o único susceptible de albergar algún tipo de estrutura, ante o empinado do resto da aba.

Xa no inicio afloraba a rocha nalgún punto, agochándose o resto baixo unha delgada camada vexetal. Tamén non se detectaron marcas de orixe antrópica, e nin tan sequera material moble ou en arrastre, a non ser apenas un par de fragmentos de tella curva, que indiquen a proximidade dese asentamento.

IMG_9166

A sondaxe 3, de 2x5m, situouse na aba superior ao SW da necrópole, mesmo no punto de arranque do camiño da Fábrica no de Forcas. O lugar concreto foi escollido por selo menos empinado. O obxectivo era, ao igual que S2, localizar algún tipo de vestixio dese suposto asentamento, pensando ademais que, pola distribución dos materiais sobre a necrópole, e sabendo da destrución de parte desta polo camiño da Fábrica, segundo a información de Arias Sanjurjo comentada, este se situara cara este punto.

Os resultados foron, tamén, totalmente negativos, detectando só unha fina camada vexetal e logo xa o substratro rochoso libre de marcas de calquera tipo. Incluso o material recuperado non responde ás caractarísticas do atopado sobre a necrópole.

IMG_9454

Inda así, como aquela máxima da arqueoloxía, a falla de información nestas sondaxes axudounos a delimitalos limites do xacemento, que tamén é información. Sabemos que a aliñación principal do sector S da necrópole non continúa máis aló do limite da parcela, ou se o fai non serán máis ca unha ou dúas sepulturas máis. Sabemos tamén que o suposto asentamento non estaba nesa aba superior, xa que, ademais de non ter aparecido restos construtivos nin entalles na rocha, tamén non apareceu material que indicara a presencia máis arriba do asentemento. Polo tanto, de ter existido iste, tiña que ter sido de moi reducida extensión, e tería estado mesmo pegado ao afloramento polo W, por onde se abriu o camiño da Fábrica. De ser así, algo que non se pode aseverar cos datos actuais, o que vimos chamando asentamento tal vez non fora máis ca un par de estruturas, tal vez vinculadas ao mantemento da necrópole e servizo da capela.

E.B.N.M.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s