A CAPELA DO SAN SALVADOR, NON DEMOS CON ELA, “PERO HABELA, HAILA”

Na intervención de 2012 dividíronse os esforzos entre os traballos no San Vitor e o San Salvador. Localizado en 2010, constituía este enclave un punto de especial interese pola presenza de material cerámico en superficie e dunha ruína de suxerente presenza, tendo en conta as referencias documentais atopadas en relación a existencia dunha antiga capela no lugar.

Decidiuse, polo tanto, abordar o estudo do San Salvador, mediante unha limpeza da ruína, un desbroce do seu contorno e a escavación de tres catas valorativas, dúas pegadas a aquela e unha terceira na aba superior, cara onde se localizara material cerámico en superficie nos anos 2010 e 2011.

IMG_9638

A sondaxe 1, de 2’5x2m (N-S/E-W), situouse na esquina S da ruína, mesmo á dereita da entrada, onde se acumulaba gran cantidade de derrube a base de cachotes graníticos de gran tamaño. Baixo estes escaváronse varios niveis de escasa potencia correspondentes a madeiras descompostas e terras pisadas que indicaban un nivel de uso exterior. Comprobouse tamén que os muros asentan directamente sobre o substrato rochoso, que nesta parte está moi ben regularizado.

A retirada do derrube inicial e a escavación dos niveis inferiores deixaron ao descuberto un muriño de separación contra o camiño que circunda a construción polo E, continuando o muro da propia edificación. Forma este muriño unha especie de adro ou patio dianteiro, deixando entrada ao mesmo polo SW.

IMG_9699

A sondaxe 2, de 2x5m (N-S/E-W), situouse contra a esquina N da ruína, incluíndo esta dentro da cata para comprobación da cimentación da construción. Escavouse un potente nivel de terra vexetal, que agochaba o afloramento rochoso moi irregular. Contra a esquina da edificación apareceu un substrato de sábrego, o que permitiu observar a gabia de cimentación da edificación, onde se concentrou gran parte do material cerámico recuperado.

A cimentación da construción é moi ruín, con dúas pedras en horizontal e unha gran pedra por riba que non garda liña coa parede N, pero si coa W.

IMG_9591

A sondaxe 3, de 2x5m, situouse na aba superior do San Salvador, nun punto onde a pendente se suaviza, a medio camiño entre a ruína e o lugar de aparición da primeira cerámica en superficie do ano 2010. Tamén neste punto se recolleu cerámica no ano 2011. O resultado foi totalmente negativo, cunha capa vexetal de apenas 30cm disposta directamente sobre o substrato rochoso, sen marca de ningún tipo. Nin sequera o material recuperado foi moi abondoso.

DSC05336

A sospeita inicial que levou á intervención neste punto do San Salvador, de que se tratase dunha vella capela referida na documentación estudada, e que viña a apoia-la aparición de cerámica de tipoloxía medieval en superficie, non puido ser corroborada cos resultados arqueolóxicos. Estes non ofreceron máis datos ca aparición de gran cantidade de restos cerámicos, inda que moitos deles de adscrición moderna.

A localización da entrada lateral, que leva ao primeiro andar, e ao non distinguirse máis ca unha fase construtiva na lectura de paramentos realizada, parece indicarnos máis que esteamos ante unha vella vivenda tradicional. Haberá que seguir indagando.

E.B.N.M.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s