A TUMBA XXXII, A ANTROPOLOXÍA ENTRA EN ACCIÓN

Pendente de intervención dende a anterior campaña do 2011 quedara a escavación da T.XXXII, situada no extremo NW do sector N-inferior da necrópole, así como un nivel de terra pisada que se estendía ao N da terceira aliñación (T.XXXIII e T.XXXIV). A aparición de restos óseos no interior da T. XXXII no ano 2011 leváranos á suspensión da súa escavación ata contar cun equipo especializado, carencia que se supliu no 2012 coa incorporación ao equipo técnico da doutora en antropoloxía física, Dna. Olalla López Costas.

IMG_0399

O proceso de escavación desta T.XXXII e os resultados da mesma, así coma o estudio antropolóxico de tódolos restos óseos localizados dende 2010, realizado pola Dra. López Costas, merecen unha entrada aparte, que pronto colgaremos.

Finalizada a escavación da T.XXXII, repúxose a súa cuberta de laxas orixinal, quedando protexido o sector da cabeza (de novo non escavado por situarse baixo os cachotes caídos sobre a necrópole no sector NW, e mostrando aos visitantes o seu aspecto orixinal.

IMG_0148_b

 

E.B.N.M.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s