O ESTUDO DOS ESQUELETES: ANTROPOLOXÍA FÍSICA EN SAN VÍTOR

TEXTO DE DNA. OLALLA LÓPEZ COSTAS

Son moi poucas as necrópoles Altomedievais con restos humanos atopadas na Península Ibérica, pero aínda menos os que proveñen de lugares tan especiais como as tumbas escavadas na rocha de San Vitor. Ás dificultades que xa de por si teñen estes xacementos, temos que engadirlle outras específicas dos cemiterios antigos de Galicia. Nesta zona a terra aceda xunto coa humidade constante deterioran os restos óseos ata facelos desaparecen. Polo tanto, pódese imaxinar a sorte e a oportunidade que nos brinda San Vítor.

Pero a pregunta que nos podemos facer é ¿para qué serve estudar os restos óseos dunha excavación arqueolóxica? Dende fai dous siglos a disciplina coñecida como Antropoloxía Física ven analizando os esqueletos humanos na búsqueda de información sobre a vida cotiá, saude, orixe, características e dieta, entre outras moitas cousas, das persoas as que pertenceron. Debido a isto, estudando una necrópole podemos entender aspectos da súa sociedade que doutra maneira nos sería imposible, achegándonos por exemplo as clases menos favorecidas ou a zonas illadas como é o caso de San Vítor.

En concreto, durante as escavacións de San Vítor atopáronse ósos humanos en dúas tumbas, unha chamada ao Norte da Capela e a tumba 32 (foto abaixo)

Captura de pantalla 2014-04-23 a la(s) 15.26.05

A tumba ao Norte da Capela está, como dí o seu nome, nunha das esquinas da capela elevada e ten características moi singulares xa qué a única non escavada en pedra. A súa situación e factura fálanos dunha posición de prestixio ou importante con respecto as outras. No interior desta tumba atopáronse restos de varios individuos en deposición secundaria, é dicir que se depositaron alí unha vez esqueletizados ou cando o corpo xa se descompoñera. A maioría dos ósos no seu interior pertencían a un home de mediana idade (40-60 anos) bastante robusto. Atopáronse ósos longos, fragmentos do cranio e algún óso dos pes (foto abaixo). No momento de morrer tiña unha infección na perna esquerda que se estaba curando, marcas de algún déficit nutricional ou anemia no cranio (chamada hiperostosis porótica) e algo de artrose nas pernas. Así tamén se observou a presenza da carilla tibio-lateral de acuclillamiento nas tibias, esta pequena muesca ósea relacionase cunha posición continuada en crequenas (cuclillas), aínda que tamén ten unha base xenética. Finalmente, segundo a datación por carbono 14, a persoa viviu entre o século X-XII d C.

Captura de pantalla 2014-04-23 a la(s) 15.26.15

Mesturados na mesma tumba atopouse un fragmento dun coxal adolescente (11 a 16 anos) e algúns moi alterados que puideron pertencer a un neno. Por encima destes escaváronse outros restos dun adulto moito máis grácil que o anterior, e con algo de artrose cando morreu. este último foi datado no século XIII d C. Tendo en conta o anterior, sabemos que na Tumba ao Norte de Capela houbo restos de polo menos tres individuos, probablemente catro.

O outro enterramento, número 32, é unha das tumbas escavadas na rocha que tan son tán visuais ao pé da capela. Desgraciadamente a preservación dos ósos era moito máis deficiente. En concreto, na campaña de 2011 atopáronse unhas zonas alaranxadas que se identificaron coma material óseo pola súa estrutura trabecular. Decidiuse escavar esta tumba tomando todas as precaucións posibles aínda que non se puido acceder a cabeceira por estar debaixo dun conxunto de rochas.

Captura de pantalla 2014-04-23 a la(s) 15.26.27

Entre as precaucións para o seu estudo, escavouse o interior da sepultura en cuadrículas (foto arriba), o que nos permitiu entender a disposición dos ósos a pesar do seu deterioro. Mediante este método puidemos observar que se trataba dunha deposición secundaria tamén. Os restos analizaron foron varios ósos longos e dun dente (primeiro molar) cun escaso desgaste, polo que puido pertencer a unha persoa nova.

Polo tanto e resumindo en tres grandes bloques:

QUÉ SE FIXO:

  • Un estudo de Antropoloxía Física no campo e no laboratorio.

QUÉ SABEMOS:

  • Atopáronse restos de 4 a 5 persoas, adultos e un adolescente.
  • Na tumba situada nun lugar privilexiado da capela enterrouse a un home que viviu entre os séculos X al XII dC.
  • As características deste home eran: mediana idade, robusto, con probables carencias nutricionais, enfermo dunha perna e que puido pasar parte do tempo en crequenas.
  • Compartía esta sepultura cos restos de polo menos dúas persoas máis, un adolescente, un adulto e un neno (probable). O adulto morreu no século XIII.
  • Tódolos enterramentos eran secundarios, foron trasladados a esas tumbas unha vez esqueletizados.

QUÉ NOVAS PREGUNTAS TEMOS:

¿Eran os enterramentos secundarios a maneira común de enterrar nesta necrópole?, ¿onde se descompoñían os corpos antes?, ¿viñan doutro cemiterio ou doutras tumbas de San Vítor?

¿Quén era o home da tumba ao Norte da Capela?, ¿porqué o enterraron nunha tumba tan diferente?, ¿Qué infección padecía na súa perna?.

¿Porqué enterraron restos doutras persoas nesta tumba? ¿onde está os outros ósos dos seus corpos?.

¿Cal era o sexo e a idade da tumba 32?, ¿había restos doutras persoas nesta tumba?

PROXIMAMENTE: a dieta no tempo de San Vitor

IMG_9530O.L.C.

 

Anuncios

Una respuesta a “O ESTUDO DOS ESQUELETES: ANTROPOLOXÍA FÍSICA EN SAN VÍTOR

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s