QUE TUMBA MÁIS RARA!

A escavación en 2012 do espazo ocupado polo nivel de terra pisada ao N da T.XXXIII e T.XXXIV tamén quedara pendente de escavación ante a posibilidade de, ao estar baixo un nivel de terra de boa compactación e selado, agochara outra sepultura con restos óseos conservados, tal como occorría na T.XXXII (ver post anteriores).

Finalmente esto non foi así. Efectivamente agochábase neste espazo unha nova sepultura, pero sen tampas nen restos de entidade no seu interior. A terra compactada resultou selo resultado de anos e/ou séculos de tránsito cara as leiras e pataos da contorna, xa na época de abandono e esquecemento da necrópole como tal, amortizando esta e outras tumbas veciñas.

Non obstante a tumba localizada baixo esa terra, que nomeamos como T.XLII, resultou ter unha tipoloxía canto menos curiosa. Nos lateriais da cabeza e tamén aos pés, prolónganse as paredes laterais, creando unha sorte de apéndices de difícil explicación en relación ao antropomorfismo propio destes sartegos rupestres.

Imagen

 

Imagen

Esta sepultura, ademáis, ocupa este espazo de xeito totalmente desordenado e sen ningunha intención de aliñamento coas tumbas veciñas, e incluso con desvío na súa orientación. Ocupa así ela sóa un espazo que ben puidera ter acollido algún sartego máis. Sabedes cando un vai aparcar e hai un coche que ocupa dúas ou tres prazas impedindo que outros aparquen? Pois algo parecido.

Imagen

Este desorde nas aliñacións cara o NE da necrópole, visible tamén nas T.XLIII e T.XVIII é rechamante dada a densa aglutinación de sartegos no resto do sector, incluso con ampliacións e superposicións, cunha clara intención de aproveitar ao máximo o espazo dispoñible. De aí que sexa curiosa a falla de organización con esta intención noutros casos.

E.B.N.M.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s