Arqueoloxía

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

No lugar de San Vítor, situado moi preto da desembocadura do río Mao co Sil, sabíase da existencia dunha capela no alto da peneda que coroa o esporón da escarpada ladeira de San Lourenzo sobre o río Mao, cuxos restos foron abatidos a mediados do século XIX, así como da presenza dalgunhas tumbas antropomórficas escavadas na rocha, tanto no curuto rochoso como no inicio de esporón.

Co fin de iniciar o seu estudo realizouse unha primeira campaña de escavacións no ano 2010, dirixidas por Eduardo Breogán Nieto Muñiz, por iniciativa do Concello de Parada de Sil e baixo financiación da Dirección Xeral de Patrimonio, na que se realizaron unha limpeza total da contorna da capela e das tumbas visibles e varias sondaxes valorativas ao longo do esporón.

A limpeza das catro tumbas visibles puxo ao descuberto outras cinco, sospeitando da existencia dunha necrópole moito maior. Sospeita que se confirmou coa apertura de tres sondaxes na explanada que define o xacemento, onde se detectaron outras catro e permitiron definir unha extensión moito maior da coñecida para a área das tumbas. No alto da capela detectáronse, ademáis de dúas xa visibles, outra “tumba privilexiada”, de laxas, incorporada aos vestixios aínda conservados da capela. Dentro desta tumba privilexiada atopáronse restos óseos que foron obxecto de análises de análises antropolóxicas, datándose por raciocarbono no SUERC Radiocarbon Dating Laboratory, de Edimburgo, entre os século X e XI d.C.

“Tumba privilexiada” ao N da capela.

Os traballos levados a cabo no ano 2011 puxeron ao descuberto un novo número de sepulturas escavadas na rocha, tendo sido contabilitazadas un total de 35, repartidas en tres sectores diferenciados: o alto da capela, o sector N e o sector S do afloramento. Esta división non é gratuita, senón que nos indica unha organización moi coidada da necrópole, polo que deberemos pensar que estamos ante unha sociedade perfectamente xerarquizada, máis aínda tendo en conta a presenza daquela “tumba privilexiada” que albergaría a algún personaxe destacado desa sociedade.

A extensión da necrópole pensamos que é aínda maior do que hoxe vemos, á vista das plataformas que se definen cara o S do afloramento e as tumbas localizadas cara o centro da explanada. Entre as novidades do xacemento destaca o descubrimento de tumbas superpostas, o que nos mostra unha perdurabilidade no tempo deste tipo de enterramentos, ademáis de claras probas de reaproveitamento das tumbas por máis dun individuo, cun curioso, e apenas sen paralelos, osario cuadrangular anexo aos pés da sepultura que vimos nomeando “tipo San Vitor ou Barxacova”.

Ampliación 2011 do sector das tumbas.

Moitas das tumbas apareceron seladas coas laxas orixinais, podendo recollerse diversas mostras de terra para análises radiocarbónicas e antracolóxicas, que se están a analizar no Instituto de Química-Física Rocasolano (CSIC, Madrid), e que nos axudarán a datar con fiabilidade o xacemento e o fenómeno das tumbas escavadas na rocha.

Sector N da necrópole.

Entre o material moble recuperado destacan numerosos fragmentos cerámicos que demostran a existencia dun asentamento próximo, arredándose das tradicionais teorías dun eremitismo moi arraigado na zona, e pondo en relación o xacemento con comunidades rurais de certa importancia, anteriores á reorganización parroquial do século XII.

A orixe da capela e da propia necrópole segue a ser incerta, se ben ambos elementos están intimamente relacionados, e constitúen unha evidencia clave para o estudo da organización territorial, social e relixiosa do mundo alto e pleno-medieval.

A inaccesibilidade de hoxe, nada ten que ver coa realidade daquel entón, xa que o camiño de Forcas que da acceso ao xacemento, era o principal acceso cara o Sil. De igual xeito que sucede noutros enclaves paralelos.

A prospección no contorno puxo de manifesto a existencia de novos xacementos relacionados con San Vitor (San Salvador, San Miguel, Penalba, Pena do Castelo…), e incluso outros de tempos máis remotos (O Gurugú, A Telleira, Pena da Espada, Penedo da Cruz…), que xunto con outros vestixios illados de época romana estannos a indicar unha posible e intensa ocupación desta zona xa dende a Idade do Ferro, que non tería sido casual no posterior desenvolvemento das comunidades rurais que deron orixe á necrópole.

A concentración de tégula atopada no entorno da peneda que domina o esporón podería estar en relación cunha estrutura de época romana destinada ao control do canón do Mao, como vía de acceso natural cara as ribeiras do Sil, sobre a que se tería construído a capela posteriormente. A antigüidade desta ruta ven tamén corroborada coa aparición, a comezos do século XX, da célebre “espada de Forcas”, datada na Idade do Bronce e localizada non lonxe de San Vitor, no mesmo camiño polo que hoxe discorre a ruta de sendeirismo dos “Canóns do Mao” polo Canal Vello.

Espada de Forcas (Foto Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense)

MOITO MÁIS SOBRE SAN VITOR EN: http://www.paradadesil.es/svitor.html

BIBLIOGRAFÍA DE REFERENCIA

Arias Sanjurjo, J. (1914): “Una excursión a la Ribera Sagrada”, Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos históricos y artísticos de Orense, tomo V, nº98, pp.49-52.

Bolós i Masclans, J. e Pagés i Paretas, M. (1982): “Les sepultures excavedes en roca”, Necrópolis i sepultures medievals de Catalunya, Acta/Medievalia, annex I, pp.59-80, Barcelona.

Carballo Carballo, F. (1995): A Igrexa galega, Historia de Galicia, t.7, Eds. A Nosa Terra, Vigo.

Castro Pérez, L. et al. (1996): Historia de Ourense, Vía Láctea, Oleiros.

Duro Peña, E. (1972): El monasterio de San Pedro de Rocas y su colección documental, Ourense, Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo.

Duro Peña, E. (1977): Monasterio de S. Esteban de Ribas de Sil, Instituto de Estudios Orensanos P. Feijoo.

Fariña Busto, F. e Suáez Otero J. (1988): “Arqueoloxía medieval en Galicia. Unha aproximación”, Traballos de Antropoloxía e Etnoloxía, t. XXVIII, 3-4: 49-77.

Freire Camaniel, J. (1998): El Monacato Gallego en la Edad Media, Fundación Barrié de la Maza, I, p. 220-223.

Gallego Domínguez, O. (1988): La organización administrativa territorial de la antigua provincia de Ourense a mediados del siglo XVIII. Anexo 10 do Boletín Auriense, Ourense, Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

García Tato, I. (2004): Las encomiendas gallegas de la Orden militar de San Juan de Jerusalén. Estudio y edición documental. Tomo I. Época medieval, Santiago de Compostela, Instituto de Estudios Gallegos ‘Padre Sarmiento’– C.S.I.C. – Xunta de Galicia

Linage Conde, A. (1986): “El monacato en Galicia de San Martín a la Benedictización: un problema”, en Monacato Gallego, sexquimilenario e San Bieito, actas do primeiro coloquio, Ourense 1981, Boletín Auriense, anexo 6, pp. 29-54, Ourense.

López Quiroga, J. e Lovelle, M. R. (1991): “As sepulturas antropomorfas en rocha e a súa problemática histórica: unha proposta para o seu estudo”, Revista Larouco, 1: 61-77.

López Quiroga, J. (2004): El final de la antigüedad en la Gallaecia: la transformación de las estruturas de poblamiento entre Miño y Duero (siglos V al X), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña.

López Quiroga, J. (2009): Arqueología del hábitat rural en al Península Ibérica (siglos V-X), La Ergástula Ed., Madrid.

López Quiroga, J. (2010): Arqueología del mundo funerario en la Península Ibérica (siglos V-X), Madrid, La Ergástula Ed.

Martín Viso, I. (2007): “Tumbas y sociedades locales en el centro de la península en la alta edad media: el caso de la comarca de Riba Côa (Portugal)”, Arqueología y Territorio Medieval, nº14, pp. 21-47, Universidad de Jaén.

Morales, J. (2001): Guía práctica para la interpretación del patrimonio: el arte de acercar el legado natural y cultural al público visitante, Sevilla, Junta de Andalucía, Consejería de Cultura.

Nieto Muñiz, E.B. (2010): Informe valorativo do “Estudo, limpeza e mantemento do despoboado de San Vítor (San Lourenzo de Barxacova, Parada de Sil, Ourense)” (CT 102 A 2010 / 327-0).

Rivas Fernández, X. C. (1981): “Vestigios perrománicos de algunos olvidados monasterios y eremitorios orensanos”, Boletín Auriense, 11: 49-100.

Rivas Fernández, X.C. (2003): Antigüedad del episcopando auriense, Duen de Bux, Ourense.

Rodríguez Muñiz, V. (2010): O mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil na Idade Media, Boletín Auriene, anexo 32, Ourense.

Rodríguez Resino, A. (2005): Do Imperio Romano á Alta Idade Media, arqueoloxía da tardoantigüidade en Galicia (séculos V-VIII), Noia (A Coruña), Ed. Toxosoutos.

Romalde Purriños, J.F. e González Méndez, M. (1991): “San Vitorio (GA32057004)”, Inventario de Bens Arqueolóxico da Xunta de Galicia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s